Detalls del llibre
No eido do dereito público e a teoría política contemporánea, Carl Schmitt fai parte dun selecto elenco de grandes xuristas que legaron á posteridade lúcidas reflexións e análises sobre os tópicos e bases dos sistemas constitucionais e políticos, un legado de pensamento que segue suscitando interese e recoñecemento. Schmitt deixou unha obra influínte e coñecida en todo o planeta, unha obra ampla, incisiva e incitadora, máis que pechada ou rematada. Os elementos polémicos e controvertidos da súa biografía, moi especialmente as súas relacións co nacionalsocialismo, constitúen un elemento adicional que revive o interese no seu estudo e análise, sobre todo en tempos nos que a corrección política promove a cancelación das personalidades incómodas. O vínculo persoal de Schmitt con Galicia e con Santiago de Compostela, especialmente forte e pouco coñecido, son razóns que reforzan a incorporación da súa obra a unha colección de clásicos do pensamento en lingua galega.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/s Schmitt, Carl
- ISBN13 9788419155412
- ISBN10 8419155411
- Pàgines 315
- Any Edició 2022
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
CARL SCHMITT TEOLOXIA POLITICA I E II (Gallec)
Ex Captivitate Salus
Llegir més - De
- Carl Schmitt
- 9788419155412



