Detalls del llibre
Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade. Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable. O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s Bertran, Xavier
- ISBN13 9788491211334
- ISBN10 8491211330
- Pàgines 160
- Any Edició 2017
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
Os aforismos do riso futurista (Gallec)
Autores galegos polo aforismo
Llegir més - De
- Xavier Bertran
- |
- Edicións Xerais (2017)
- 9788491211334



