Book Details
Esta viaxe ao Brasil comezou moitos anos atrás, cando de neno acubillaran no meu caletre tres misterios. Tres enigmas que viñan alén do inmenso océano. O primeiro chamábase Pao de Açúcar, o esvelto miradoiro empoleirado coma unha estatua xigante na baía do Río de Xaneiro. O segundo era que un país tan grande fdose bautizado co nome dunha árbore cativa, o pau brasil, tal como coñecían os indios tupís unha planta que pola calidade da súa madeira e a resina vermella se empregara para tinxir teas e fabricar mobles delicados. O terceiro misterio xurdira cando ouvín na miña infancia a verba pernambuco, que significa "buraco no mar", asociada a un lugar remoto e descoñecido.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Agrafoxo Pérez, Xerardo
- ISBN13 9788412491067
- ISBN10 8412491068
- Pages 296
- Published 2022
- Language Galician
Reviews and ratings
Nas terras vermellas do Brasil (Galician)
- By
- Xerardo Agrafoxo Pérez
- 9788412491067



