Book Details
A fotografía, como medio, sempre se prestou ao cuestionamento dos límites entre o público e o privado, ás exploracións que, desde o íntimo, acadan unha dimensión pública e política. Neste libro preténdese ampliar os relatos sobre fotografía en Galicia asumindo unhas coordenadas hoxe moi presentes na análise da arte e a cultura visual. Presentamos unha historia plural e inclusiva da fotografía en Galicia a partir de textos que valoran as voces múltiples e que reivindican a importancia do xénero como categoría de análise. Esta investigación colectiva reúne as voces de oito fotógrafas e investigadoras que asumen o cuestionamento e a necesidade de ampliación do canon existente. Así mesmo, a presente publicación quere render homenaxe a Anna Turbau, cuxa derradeira entrevista aparece aquí recollida. Escriben nesta obra: Jennifer Novoa Domínguez, María Gil Martínez, Olaia Sendón Ogando, Violeta Janeiro Alfageme, Miguel Anxo Rodríguez González, Andrea Costas Lago, Xosé M. Buxán Bran, Sabela Eiriz
Read more - Author/s NOVOA DOMINGUEZ, JENNIFER/RODRIGUEZ GONZA
- ISBN13 9788418567872
- ISBN10 8418567872
- Pages 186
- Published 2025
Reviews and ratings
O XENERO DETRAS DA CAMARA
- By
- JENNIFER/RODRIGUEZ GONZA NOVOA DOMINGUEZ
- |
- Alvarellos Editora (2025)
- 9788418567872



