Book Details
Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposición. Birken conta que lle gustaría escribir como Thomas Bernhard, pero como Thomas Bernhard só pode escribir Thomas Bernhard. Birken sabe que nunca, baixo ningún concepto, debería volver a Galicia; pero un día descobre que algo o inquieta nese lugar onde todos aceptamos que se agocha o corazón.
Read more - Author Diego Alfonsín
- ISBN13 9788411763707
- ISBN10 8411763706
- Pages 108
- Published 2025
- Fecha de publicación 07/02/2025
- Language Galician
Reviews and ratings
Birken (Galician)
- By
- Diego Alfonsín
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411763707



