Book Details
Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de ?Game over?. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.
Read more - Binding Hard cover
- Author Carlos Losada
- ISBN13 9788497827836
- ISBN10 849782783X
- Pages 80
- Published 2008
- Fecha de publicación 21/05/2008
- Language Galician
- Alto 230 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 280 g
Reviews and ratings
Game over (Galician)
- By
- Carlos Losada
- |
- Edicións Xerais (2008)
- 9788497827836



