Book Details
Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo. O joc partit das vellas cantigas medievais cobra vida auténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Os textos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel. A partir da sensibilidade individual ?de creadora e creador, neste caso? os versos asumen a condición dun todo único e plural. O que fai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio de reinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.
Read more - Authors Xoán Carlos Domínguez Alberte, MERCEDES QUEIXAS ZAS
- ISBN13 9788484874492
- ISBN10 8484874494
- Pages 3
- Published 2019
- Fecha de publicación 17/07/2019
- Language Galician
- Range Interest age, in years From 15 To 100
Reviews and ratings
Partituras (Galician)
- By
- Xoán Carlos Domínguez Alberte, MERCEDES QUEIXAS ZAS
- |
- LAIOVENTO (2019)
- 9788484874492



