Book Details
Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra. Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes. Soños do limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez nos anos 40. A ollada tenra dunha nena que ve o mundo que a rodea e non entende, a visión do masculino e o feminino, os soños e esperanzas arrolados polos contos de Scheherezade e as princesas dos Contos das mil e unha noites. Polo medio de historias cóntanos que é un harén ou onde están os límites da hudud, vainos facendo pensar e sentir desde unha físgoa moi estreita a un mundo moi amplo como é o árabe desa época. Un relato cheo de tenrura, nostalxia, espectáculos, bailes, comidas, sabores, sons, porque as palabras son o verdadeiro camiño á liberdade.
Read more - Authors Fatema Mernissi, Rocío Viéitez Ferro
- ISBN13 9788484875666
- ISBN10 8484875660
- Pages 1
- Published 2022
- Fecha de publicación 25/03/2022
- Language Galician
- Range Interest age, in years From 12
Reviews and ratings
Soños no limiar (Galician)
- By
- Fatema Mernissi, Rocío Viéitez Ferro
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484875666



