Detalles del libro
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro."Tac Tac Tac", publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos "a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta". Un libro fetiche, un libro único.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es de Toro, Suso / Rivas, José Manuel / Docampo, Xabier
- ISBN13 9788411102285
- ISBN10 8411102289
- Páginas 52
- Año de Edición 2022
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Tac tac tac (Gallego)
- De
- Suso de Toro, José Manuel Rivas, Xabier Docampo
- |
- Edicións Xerais (2022)
- 9788411102285
- Saga GRANDES OBRAS - EDICIONS SINGULARES



