Close App de Bookish

App de BookishLee más y mejor

Descargar
Google 4.6
★★★★★
Google reviews
A agonía do león
A agonía do león

Detalles del libro

O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936. A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito. As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa. O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite?
Leer más

  • Encuadernación Tapa blanda
  • Autor/a Carlos G. Reigosa
  • ISBN13 9788499141961
  • ISBN10 849914196X
  • Páginas 416
  • Año de Edición 2011
  • Fecha de publicación 15/02/2011
  • Idioma Gallego
  • Alto 220 mm
  • Ancho 145 mm
  • Peso 590 g
Leer más

Reseñas y valoraciones

¡Sé la primera persona en valorarlo!

¿Has leído A agonía do león?

A agonía do león

A agonía do león (Gallego)

24,65€ 25,95€ -5%
Envío Gratis
No disponible
24,65€ 25,95€ -5%
Envío Gratis
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolución gratis Info
¡Gracias por comprar en librerías reales! ¡Gracias por comprar en librerías reales!

Promociones exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp