Detalles del libro
A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese. A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o sosego e o silencio. Co paso lento procuro non deixar pegada nesta fraga virxe Prometer un ronsel invisible a cambio dun refuxio.
Leer más - Autor/a Ruth Oliveira Martínez
- ISBN13 9788484875529
- ISBN10 8484875520
- Páginas 2
- Año de Edición 2021
- Fecha de publicación 16/11/2021
- Idioma Gallego
- Rango Edad de interés, años Desde 15
Reseñas y valoraciones
A timidez das copas (Gallego)
- De
- Ruth Oliveira Martínez
- |
- LAIOVENTO (2021)
- 9788484875529



