Detalles del libro
A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xente abre a Alexandre as portas a un mundo novo, mais tamén fai que se adentre nunha rede esotérica onde a súa propia vida pode estar en perigo. Do mesmo xeito que O inferno de Marta, esta novela de Pasqual Alapont compleméntase cun interesante texto divulgativo. O xornalista Pepe Rodríguez, especialista no mundo das seitas, amósanos no epílogo ("Seitas: Un camiño fácil a ningunha parte") os mecanismos internos que se agachan detrás dunha seita destrutiva. Unha obra que combina con acerto unha novela conmovedora e un estudo útil sobre este problema que pode afectar a algúns mozos e mozas.
Leer más - Encuadernación Tapa blanda
- Autor/a Pasqual Alapont
- ISBN13 9788497825993
- ISBN10 8497825993
- Páginas 187
- Año de Edición 2006
- Fecha de publicación 01/01/2006
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Barrotes dourados (Gallego)
- De
- Pasqual Alapont
- |
- Edicións Xerais (2006)
- 9788497825993



