Detalles del libro
Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras. RaMona vivía á súa bóla, buscando flores e escoitando as diferentes harmonías que desprendían, o que lle permitía argallar rimas e compoñer cancións coas máis variadas melodías. Porén, cando ten que enfrontarse con todas as armas posibles á perigosa cóbrega Milfaces, á toupa Berbequí e fuxir dos falcóns e dos voitres, comprende que as ras volven sempre ao lugar onde nacen. " Choiva de ras " é unha aventura trepidante protagonizada por animais, inzada de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Ánxela Loureiro
- ISBN13 9788491213680
- ISBN10 8491213686
- Páginas 136
- Año de Edición 2018
- Fecha de publicación 12/04/2018
- Idioma Gallego
- Alto 190 mm
- Ancho 135 mm
- Peso 210 g
Reseñas y valoraciones
Choiva de ras (Gallego)
- De
- Ánxela Loureiro
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491213680



