Close App de Bookish

App de BookishLee más y mejor

Descargar
Google 4.6
★★★★★
Google reviews
Como en Alxeria
Como en Alxeria

Detalles del libro

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois; Fidel Castro, Ben Bellaà nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta- é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Ánxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical -«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo-. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo.
Leer más

  • Autor/a Xosé Ramón Pena
  • ISBN13 9788499146393
  • ISBN10 8499146392
  • Páginas 232
  • Año de Edición 2014
  • Fecha de publicación 01/01/2014
  • Idioma Gallego
  • Alto 145 mm
  • Ancho 220 mm
  • Peso 360 g
Leer más

Reseñas y valoraciones

¡Sé la primera persona en valorarlo!

¿Has leído Como en Alxeria?

Como en Alxeria

Como en Alxeria (Gallego)

8,07€ 8,50€ -5%
Disponible
8,07€ 8,50€ -5%
Disponible
Ver todos los formatos y ediciones
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Recepción

Envío a domicilio Gratis  a partir de 18 €

info_shipping Recíbelo en 10 días laborables.
Ubicación

Librería Lé Gratis

Devolución gratis Info
¡Gracias por comprar en librerías reales! ¡Gracias por comprar en librerías reales!

Promociones exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp