Detalles del libro
Este libro recolle as conversas que mantivo Antonio Pedrós-Gascón, profesor da Universidade de Ohio, con Suso de Toro. Reconstruídas ao xeito dun longo monólogo ou dunhas primeiras memorias ditadas á altura dos cincuenta anos, o autor compostelano lembra de forma ordenada dende a experien-cia da súa infancia de posguerra, o seu paso pola Universidade e comezo da súa militancia política, ata o seu traballo como escritor profesional en lingua galega. A reflexión sobre a ansia de narrar, a experien-cia vivificante como lector, o diálogo coa creación e o tempo contemporáneo, ou a permanente busca de sentido e trascendencia á propia vida constitúen algúns eixos temáticos dun libro onde a biografía e a obra literaria de Suso de Toro vanse entretecendo como saba de liño. Acompáñase o libro de varios textos inéditos, como os seus primeiros relatos, publicados aos dezaseis anos, ou as ?Media docena de vidas?, modestas autobiografías que retratan as diversas máscaras do autor de ficción e ensaísta para que cada lector escolla a quela que mellor conveña.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- ISBN13 9788497823739
- ISBN10 8497823737
- Páginas 352
- Año de Edición 2005
- Fecha de publicación 07/11/2005
- Idioma Gallego
- Alto 221 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 530 g
Reseñas y valoraciones
Conversas con Suso de Toro (Gallego)
- De
- |
- Edicións Xerais (2005)
- 9788497823739



