Detalles del libro
O Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia. Máis alá dun sinxelo glosario de termos artísticos, este primeiro dicionario en galego de arte inclúe termos referidos a conceptos artísticos fundamentais (arte, imaxe, composición, símbolo, representación ou estética); a períodos, etapas, movementos, estilos, caractertísticas, manifestacións, etc. (arte precolombina, barroco, castrexa, vangardas); a diversas formulacións das representacións visuais (arquitectura, pintura, escultura, fotografía, cinema, televisión, cerámica, gravado, instalación, etc.); a xéneros, temas e motivos porpios das obras de arte (icona, nu, Virxe, atributos, etc.); ás formais, referidas á natureza e confi guración dos diferentes elementos que as compoñen, partícipes do produto visual ou da obra de arte, sexan recursos, técnicas, materiais, ferramentas (soportes, arco, equilibrio, cor,luz, textura, etc.). Ademais das defi nicións, este Dicionario de Arte inclúe case un centenar de láminas e varios centos de imaxes que o converten nunha ferramenta de consulta indispensable, sinxela e de grande calidade, para o alumnado de ensino non universitario, complemento do traballo docente e de axuda para o profano interesado nas artes visuais.
Leer más - Encuadernación Tapa dura
- Autor/a Gregorio Rodríguez Cabrero
- ISBN13 9788499141275
- ISBN10 8499141277
- Páginas 512
- Año de Edición 2010
- Fecha de publicación 29/06/2010
- Idioma Gallego
- Alto 230 mm
- Ancho 215 mm
- Peso 810 g
Reseñas y valoraciones
Dicionario de Arte (Gallego)
- De
- Gregorio Rodríguez Cabrero
- |
- Edicións Xerais (2010)
- 9788499141275



