Detalles del libro
Esta obra é un percorrido polo camiño seguido pola pintura galega desde os primeiros anos do século XX até os anos cincuenta, desde o costumismo rexionalista, de influxo modernista e simbolista, até o desenvolvemento pleno do movemento renovador da arte galega coñecido como Os Novos. Este vieiro amósasenos definido por tres esteos fundamentais: a procura dun ideal, en que se insire a propia definición e creación dunha escola de pintura galega, diferenciada da española; a asunción dunha estética nacional e o seu desenvolvemento no período inmediatamente anterior á guerra civil; e a difícil continuidade no exilio americano e interior coa superación do modelo de base romántica que serviu de alicerce para a creación dunha arte nacional, sen renunciar aos valores sociais e identitarios.
Leer más - Autor/a Carlos López Bernárdez
- ISBN13 9788415078265
- ISBN10 8415078269
- Páginas 184
- Año de Edición 2012
- Fecha de publicación 21/03/2012
- Idioma Gallego
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
- Peso 520 g
Reseñas y valoraciones
Do idilio a diáspora (Gallego)
- De
- Carlos López Bernárdez
- |
- TREA (2012)
- 9788415078265



