Close App de Bookish

App de BookishLee más y mejor

Descargar
Google 4.6
★★★★★
Google reviews
Entre Donas
Entre Donas

Detalles del libro

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia. En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: ?Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes?, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do ?relato dos relatos? na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero. [...] Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente. As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].
Leer más

  • Autores María Pilar Jiménez Aleixandre, María Del Pilar Campo Domínguez, Rosalía Fernández Real, Inmaculada López Silva, María Teresa Moure Pereiro, Emma Pedreira Lombardía, María Reimóndez Meilán, Elisabet Ríos Liste, Anxos Sumai García, Antía Yáñez Rodríguez
  • ISBN13 9788499953427
  • ISBN10 8499953425
  • Páginas 208
  • Año de Edición 2020
  • Fecha de publicación 01/10/2020
  • Idioma Gallego
Leer más

Reseñas y valoraciones

¡Sé la primera persona en valorarlo!

¿Has leído Entre Donas?

Entre Donas
13,63€ 14,35€ -5%
No disponible
13,63€ 14,35€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolución gratis Info
¡Gracias por comprar en librerías reales! ¡Gracias por comprar en librerías reales!

Promociones exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp