Close App de Bookish

App de BookishLee más y mejor

Descargar
Google 4.6
★★★★★
Google reviews
O rastro que deixamos
O rastro que deixamos

Detalles del libro

Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor. Estes rastros son unha mostra de dúas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe «As paisaxes da memoria», reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada «O oficio de escribir», fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Como ocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece. Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinas narrativas; a primeira, cos relatos «A mirada de Clara» e «Cando nacen as estrelas»; a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras, «Reflexións sobre a precariedade laboral». Estes relatos amosan como o autor constrúe os textos de ficción cos vimbios da súa vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a súa produción literaria recende a verdade e conta co aprecio dun público tan amplo e tan diverso.
Leer más

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/a Agustín Fernández Paz
  • ISBN13 9788499144498
  • ISBN10 8499144497
  • Páginas 240
  • Año de Edición 2012
  • Fecha de publicación 26/10/2012
  • Idioma Gallego
  • Alto 220 mm
  • Ancho 145 mm
  • Peso 360 g
Leer más

Reseñas y valoraciones

¡Sé la primera persona en valorarlo!

¿Has leído O rastro que deixamos?

O rastro que deixamos

O rastro que deixamos (Gallego)

19,90€ 20,95€ -5%
Envío Gratis
No disponible
19,90€ 20,95€ -5%
Envío Gratis
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolución gratis Info
¡Gracias por comprar en librerías reales! ¡Gracias por comprar en librerías reales!

Promociones exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp